Unha Creative Jam reúne a mozos e mozas con ideas afíns durante varios días para resolver desafíos sociais, ambientais, tecnolóxicos ... A pandemia COVID-19 provocou ondas de choque en todo o mundo e expuxo fisuras no noso sistema. Dende a ruptura das cadeas de subministración ata o desemprego masivo e as disparidades raciais, as cousas deben cambiar. Para recuperarnos da pandemia, podemos seguir enchendo as fendas ou podemos pensar e achegar solucións. para prepararnos para un futuro sustentable. Nestes días creativos ademáis os mozos e mozas poderán recibir capacitación e sobre todo vivir un ambiente de sinerxía onde as ideas e os prototipos serán o obxectivo definitivo.
Aquí tes a oportunidade para poder reimaxinar o rural do futuro.
Equipos de mozas e mozos poderán participar neste evento creativo de ideación que durante dous días analizará o rural que nos rodea. Tamén terás a posibilidade de poder compartir con outros mozos e mozas as túas inquedanzas e aportar solucións reais.
Coa temática de reimaxinar o futuro do rural poderás crear os teus prototipos nun ambiente creativo de primeira orde na que poderás coñecer os retos que se nos veñen enriba cara o ano 2030.
O tradicional xa non é suficiente no Camiño de Santiago e a súa contorna, necesita da mocidade e as súas ideas para acometer este novo século. A pandemia obrigounos a cambiar a nosa vida e ao mesmo tempo teremos que cambiar a maneira de facer o Camiño. Buscamos un Camiño Sustentable en consonancia cunha nova vida natural. Todo será parte da economía circular?. Que reformas teremos que acometer?.
Equipos de mozas e mozos crearon unha serie de prototipos que sen lugar a dúbida enchen de innovación o Camiño de Santiago.
Baixo o título TERRA CREATIVE JAM celebrouse en Lugo a terceira local jam os días 25 e 26 de novembro en colaboración directa co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos o tema «O Futuro Sostible».
Nesta ocasión, o evento desenvolveuse nun formato híbrido: máis de 30 expertos e mozos de España, Francia e Portugal déronse cita fisicamente no hub portugués AYCH; mentres que nos diferentes hubs do proxecto en Francia, Reino Unido e España o evento celebrouse paralelamente en formato dixital. A pesar da situación, o evento seguiu tendo o nivel de creatividade, transnacionalidade e traballo colaborativo característicos de AYCH.
Extremáronse as medidas de seguridade e adaptáronse a formación e metodoloxías para que o evento se desenvolva con eficacia e seguridade, permitindo que a situación actual non supoña un impedimento para que os mozos do Atlántico Europeo poideran acceder a formación e actividades dinámicas e de calidade.