
07 Nov TERRA CREATIVE JAM – LUGO
Baixo o título TERRA CREATIVE JAM celébrase en Lugo a terceira local jam os días 25 e 26 de novembro en colaboración directa co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos o tema «O Futuro Sostible».
O FUTURO SOSTIBLE! Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para as vilas, os espazos rurais do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.
Elo é amplo e inspirador e reúne temas que queremos tratar; entre outros:
– Sostenibilidade e Clima: que debemos cambiar, como será o noso futuro, eduquemos na natureza.
– Educación: como loitar na Igualdade e Inclusión na Galicia Interior.
– Tecnoloxía e Deseño: apostemos polas industrias creativas e o sector audiovisual como propostas de futuro.
– Empresa Sostible: deseño, tecnoloxía, robótica, o internet das cousas,… tamén na economía rural.
– Saúde: como mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía: vida saudable, alimentación e tempo libre.
– Benestar: decatámonos que vivimos nunha sociedade rural?… na busca do benestar animal.
O primeiro día de Creative Jam os mozos e mozas tratarán de aprender e explorar, terán a oportunidade de asistir a talleres creativos, empresariais e dixitais. Permitiránlles aprender novas habilidades clave para o teu futuro e axudarache a crear o teu prototipo tamén no momento.
Durante o desafío de Creative Jam, primeiro teñen que construír o seu equipo no día anterior e unha vez que estiveron de acordo coa idea que queren traballar, aplícanse e desenvólvense as súas habilidades dixitais e empresariais, a través de abordar cuestións do mundo real a través da creación de prototipos.
Sen lugar a dúbida é unha oportunidade creativa de primeira orde que poderán disfrutar tódolos xóvenes de 16 a 30 anos nestes dous días no Campus Terra da Universidade.
Sorry, the comment form is closed at this time.