As nosas Creative Jam reúnen a mozos e mozas con ideas afíns durante varios días para resolver desafíos sociais, ambientais, tecnolóxicos ... A pandemia COVID-19 provocou ondas de choque en todo o mundo e expuxo fisuras no noso sistema. Dende a ruptura das cadeas de subministración ata o desemprego masivo e as disparidades raciais, as cousas deben cambiar. Para recuperarnos da pandemia, podemos seguir enchendo as fendas ou podemos pensar e achegar solucións. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto coa Lug Open Factory CONVOCAN aos mozos e mozas de Galicia a xuntarse e formar parte deste evento creativo para conferir ideas e proxectos para o Xacobeo 2021. XUVENTUDE é CAMIÑO.
O tradicional xa non é suficiente no Camiño de Santiago e a súa contorna, necesita da mocidade e as súas ideas para acometer este novo século. A pandemia obrigounos a cambiar a nosa vida e ao mesmo tempo teremos que cambiar a maneira de facer o Camiño. Buscamos un Camiño Sustentable en consonancia cunha nova vida natural. Todo será parte da economía circular?. Que reformas teremos que acometer?.
O sector turístico e a hostalería están a día de hoxe nunha encrucillada, o desafío nos próximos anos é reestruturar un Camiño que estivo especialmente saturado. O reto é atopar novas fórmulas de emprendemento na contorna e fixar poboación nova. Como pode a tecnoloxía mellorar isto? Que teñen que dicir os mozos e as mozas?
Máis que nunca o Camiño busca persoas que compartan os mesmos intereses creativos. A creatividade sempre estivo moi presente en todos estes séculos e significou un elemento de cambio e innovación. Como se construirán as comunidades do futuro? Como se conectarán e interactuarán? A Cultura do Camiño pode ser outra vez un elemento globalizador?
No actual contexto remoto, xorden novas preocupacións e incentivos para fuxir das grandes cidades ás áreas rurais, crear novos hábitos con preocupación ambiental e construír máis pobos intelixentes que cidades intelixentes será algo que teñamos que ter moi en conta. É o Camiño de Santiago un espazo novo para crear esta nova sustentabilidade?
As experiencias estandarizadas xa non son tan atractivas para as novas xeracións, buscan as solucións inmediatas da tecnoloxía. Experimentar, innovar e fixar novas fórmulas nos Camiños de Santiago é o que nos axudará e impulsará unha nova cultura xuvenil.
A situación actual fíxonos acelerar algúns procesos dixitais, o remoto xa non é o futuro, é presente. Pero decatámonos que a fenda dixital é unha preocupación, especialmente na educación. Que ferramentas podemos crear para ir máis aló nun Camiño de Santiago tan rural en Galicia?
Non o penses moito, por mor da situación que estamos a vivir as prazas van ser moi limitadas, polo que REXÍSTRATE canto antes.
Recepción por parte da Lug Open Factory do proxecto Aych en Lugo. Recepción por parte de autoridades presentes.
ICE BREAKER
Coñeceremos o Camiño de Santiago agradecendo todo o que nos pode ofrecer e como podemos axudalo a través dun xogo de creación de ideas e proxectos sostibles tanto presencial como en liña.
WORKSHOPS
Este é o momento para formarse, podes elixir dúas formacións, apunta ben!.
ALGO DE LECER
Iremos ao Rochódromo de Lugo a facer un pouco de deporte.
Na versión en liña do evento teremos un Workshop sobre Economía Circular moi interesante.
E POLA NOITE…
Estaremos no FabLab de Lugo fedellando no mundo da estampación a través de dous obradoiros de imprimación manual, mecánica e dixital en tela.
HACKATHON
Explicación: metas, formato, metodoloxía, presentación dos mentores, e conformación de equipos definitivos. Os equipos comezan a crear. Cada equipo estará formado por non máis de catro participantes.
IDEAS E PROXECTOS
Os equipos están inmersos no proceso creativo cos seus mentores. Non olvidemos que temos que crear unha presentación.
PRESENTACIÓN E XURADO
Chegou o momento de presentar o traballo dos equipos cun lanzamento. O xurado avaliará os proxectos, anúncianse os finalistas e concédense os premios.
PREMIOS
A idea gañadora terá como agasallo o desenvolvemento da mesma dentro do proxecto Explorer no Campus Terra e unha cámara GoPro para cada un dos membros do equipo.