XUVENTUDE é CAMIÑO! Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para as vilas, os espazos rurais do futuro no CAMIÑO DE SANTIAGO… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.
Elo é amplo e inspirador e reúne temas que queremos tratar; entre outros:
Reforma Pioneira: O tradicional xa non é suficiente no Camiño de Santiago e a súa contorna, necesita da mocidade e as súas ideas para acometer este novo século. A pandemia obrigounos a cambiar a nosa vida e ao mesmo tempo teremos que cambiar a maneira de facer o Camiño. Buscamos un Camiño Sustentable en consonancia cunha nova vida natural. Todo será parte da economía circular?. Que reformas teremos que acometer?.
Un novo Camiño: O sector turístico e a hostalería están a día de hoxe nunha encrucillada, o desafío nos próximos anos é reestruturar un Camiño que estivo especialmente saturado. O reto é atopar novas fórmulas de emprendemento na contorna e fixar poboación nova. Como pode a tecnoloxía mellorar isto? Que teñen que dicir os mozos e as mozas?
Construíndo Comunidades Creativas: Máis que nunca o Camiño busca persoas que compartan os mesmos intereses creativos. A creatividade sempre estivo moi presente en todos estes séculos e significou un elemento de cambio e innovación. Como se construirán as comunidades do futuro? Como se conectarán e interactuarán? A Cultura do Camiño pode ser outra vez un elemento globalizador?
Ruralidade e a Sustentabilidade: No actual contexto remoto, xorden novas preocupacións e incentivos para fuxir das grandes cidades ás áreas rurais, crear novos hábitos con preocupación ambiental e construír máis pobos intelixentes que cidades intelixentes será algo que teñamos que ter moi en conta. É o Camiño de Santiago un espazo novo para crear esta nova sustentabilidade?
Fomento das Culturas Dixitais: As experiencias estandarizadas xa non son tan atractivas para as novas xeracións, buscan as solucións inmediatas da tecnoloxía. Experimentar, innovar e fixar novas fórmulas nos Camiños de Santiago é o que nos axudará e impulsará unha nova cultura xuvenil.
Redefinindo o traballo e a educación: A situación actual fíxonos acelerar algúns procesos dixitais, o remoto xa non é o futuro, é presente. Pero decatámonos que a fenda dixital é unha preocupación, especialmente na educación. Que ferramentas podemos crear para ir máis aló nun Camiño de Santiago tan rural en Galicia?
Ao longo do evento estarán a disposición varios expertos para que poidas entender mellor o tema e configurar a túa idea creativa para o futuro.