CARA O RURAL DO 2030! Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para o rural do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.
Elo é amplo e inspirador e reúne temas que queremos tratar; entre outros:
– Biosaúde e Nutrición: O gran problema do mundo é poñer fin a todas as formas de malnutrición, para elo é importante que as prácticas agrícolas sexan sustentables, o coidado da auga e que a producción e consumo sexan responsables.
– As Comunidades: A vida comunitaria é a base da nosa cultura e por elo é imprescindible crear comunidades rurais sustentables e resilentes para a protección de todo o noso patrimonio.
– Ecosistemas de noso: O futuro do rural pasa por asegurar a súa conservación e o seu uso sustentable nunha loita pola desertificación ou procurando a prevención de especies invasoras.
– Empresa Social: O fomento da pequena e mediana empresa pasa por ser un dos obxectivos máis claros a curto prazo e tén que ir dirixido a unha mellora da producción e consumo eficiente con atención á protección dos dereitos laborais.
– Innovación para a vida: Agora máis que nunca precisamos aforrar e ampliar a tecnoloxía sobre as enerxías renovables e sustentables, é unha preocupación social polo que se fai preciso unha investigación sobre as tecnoloxías limpas.
– One Health: A pérdida de biodiversidade están chegando a todos os ecosistemas, é moi necesario que a investigación se implique a fondo na súa recuperación tentando crear múltiples esforzos colaborativos cara un benestar xeral do rural.
– Tod@s: No rural temos que fomentar a igualdade, unha educación global, as mesmas posibilidades e atender aos colectivos máis vulnerables na busca dun desenvolvemento sustentable.
Ao longo do evento estarán a disposición varios expertos para que poidas entender mellor o tema e configurar a túa idea creativa para o futuro.