Benvida e Benvido á Creative Jam do Campus Terra da USC en Lugo, esta é nosa terceira Local Jam Creativa, como parte do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH). O kit de benvida daráche unha práctica referencia para todo o que aprenderás durante este evento.
Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos o tema «O Futuro Sostible».
IMAXINA O TEU FUTURO: FAINO SOSTIBLE//
O FUTURO SOSTIBLE! Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para as vilas, os espazos rurais do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.
Elo é amplo e inspirador e reúne temas que queremos tratar; entre outros:
– Sostenibilidade e Clima: que debemos cambiar, como será o noso futuro, eduquemos na natureza.
– Educación: como loitar na Igualdade e Inclusión na Galicia Interior.
– Tecnoloxía e Deseño: apostemos polas industrias creativas e o sector audiovisual como propostas de futuro.
– Empresa Sostible: deseño, tecnoloxía, robótica, o internet das cousas,… tamén na economía rural.
– Saúde: como mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía: vida saudable, alimentación e tempo libre.
– Benestar: decatámonos que vivimos nunha sociedade rural?… na busca do benestar animal.
Ao longo do evento estarán a disposición varios expertos para que poidas entender mellor o tema e configurar a túa idea creativa para o futuro.