s
tech meeting

Alienum phaedrum torquatos nec eu, detr periculis ex, nihil expetendis in mei. Mei an pericula euripidis hinc de cupidis iacta summarum.

s

terra/CREATIVE JAM CARA O RURAL DO 2030 15 e 16 de DECEMBRO, 2021/USC CAMPUS TERRA (Lugo) TERRA/USC LUGO
CREATIVE JAM
O FUTURO SOSTIBLE/
Trocamos o futuro

Sabemos que non podes agardar!//

call to action image

CARA O RURAL DO 2030

Unha Creative Jam é un evento que reúne mozos e mozas con ideas afíns durante dous días para resolver desafíos sociais, ambientais, tecnolóxicos ... A pandemia COVID-19 provocou ondas de choque en todo o mundo e expuxo fisuras no noso sistema. Dende a ruptura das cadeas de subministración ata o desemprego masivo e as disparidades raciais, as cousas deben cambiar. Para recuperarnos da pandemia, podemos seguir enchendo as fendas ou podemos pensar e achegar solucións. A Universidade de Santiago de Compostela a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) CONVOCA aos mozos e mozas de Galicia a xuntarse e tentar dar ideas para a sustentabilidade do rural galego. CARA O RURAL DO 2030

INFO

Temas Creative Jam//

Estes son os temas do evento, seguro que algún é axeitado para tí e o teu equipo.

BIOSAÚDE E NUTRICIÓN

O gran problema do mundo é poñer fin a todas as formas de malnutrición, para elo é importante que as prácticas agrícolas sexan sustentables, o coidado da auga e que a producción e consumo sexan responsables.

AS COMUNIDADES

A vida comunitaria é a base da nosa cultura e por elo é imprescindible crear comunidades rurais sustentables e resilentes para a protección de todo o noso patrimonio.

ECOSISTEMAS DE NOSO

O futuro do rural pasa por asegurar a súa conservación e o seu uso sustentable nunha loita pola desertificación ou procurando a prevención de especies invasoras.

EMPRESA SOCIAL

O fomento da pequena e mediana empresa pasa por ser un dos obxectivos máis claros a curto prazo e tén que ir dirixido a unha mellora da producción e consumo eficiente con atención á protección dos dereitos laborais.

INNOVACION PARA A VIDA

Agora máis que nunca precisamos aforrar e ampliar a tecnoloxía sobre as enerxías renovables e sustentables, é unha preocupación social polo que se fai preciso unha investigación sobre as tecnoloxías limpas.

ONE HEALTH

A pérdida de biodiversidade están chegando a todos os ecosistemas, é moi necesario que a investigación se implique a fondo na súa recuperación tentando crear múltiples esforzos colaborativos cara un benestar xeral do rural.

TOD@S

No rural temos que fomentar a igualdade, unha educación global, as mesmas posibilidades e atender aos colectivos máis vulnerables na busca dun desenvolvemento sustentable.

call to action image

ENTRA!

Non o penses moito, por mor da situación que estamos a vivir as prazas van ser moi limitadas, polo que REXÍSTRATE canto antes.

RESERVA A TÚA PRAZA

Ponentes dos Workshops//

0-ConvertImage
Saúl Vérez
Lug Open Factory
0-ConvertImage
Xosé L. Garza
Lug Open Factory; E.R.T.L; Guía Acreditado PNIAG
mediana_5581661565735011636 (1)
Karol Farias
Baobab Upciclyn
WhatsApp-Image-2021-11-28-at-12.31.22-PM-ConvertImage
Fernando Losada
0-1-ConvertImage
Raúl Ordóñez
Lug Open Factory - Sherpa Digital
0 (6)
Hugo Balseiro
Lug Open Factory

Non o podes perder//

2 de Decembro, 2021

DESCUBRE

9:30 – 10:00

Recepción por parte da USC e o Coordinador do proxecto Aych en Lugo. 

10:00 – 13:00

ICE BREAKER

Todos coñecemos onde vivimos, e que Lugo sobre todo é rural. O rural tén moitos problemas, imos imaxinar cómo sería o rural do 2050 e poder crear unha serie de posibles saídas para os espazos máis baleiros da nosa xeografía. Apúntaste?.

14:30 – 17:30

WORKSHOPS

Este é o momento para formarse, podes elixir dúas formacións, apunta ben!.

17:30 – 20:00

ALGO DE LECER

Temos preparado para tí unha superactividade que che vai gustar moito!

21:30 – 23:00

E POLA NOITE…

Estaremos no FabLab de Lugo fedellando coa 3D e os PODCAST.

3 de Decembro, 2021

SOLUCIONA E CREA

10:00 – 13:00

HACKATHON

Explicación: metas, formato, metodoloxía, presentación dos mentores, e conformación de equipos definitivos. Os equipos comezan a crear. Cada equipo estará formado por non máis de catro participantes.

14:30 – 16:00

IDEAS E PROXECTOS

Os equipos están inmersos no proceso creativo cos seus mentores. Non olvidemos que temos que crear unha presentación.

16:30 – 18:00

PRESENTACIÓN E XURADO

Chegou o momento de presentar o traballo dos equipos cun lanzamento. O xurado avaliará os proxectos, anúncianse os finalistas e concédense os premios.

17:30 – 18:00

PREMIOS

A idea gañadora terá como agasallo o desenvolvemento da mesma dentro do proxecto Explorer no Campus Terra.