As nosas Creative Jams reúnen a mozos e mozas con ideas afíns durante varios días para resolver desafíos sociais, ambientais, tecnolóxicos ... A pandemia COVID-19 provocou ondas de choque en todo o mundo e expuxo fisuras no noso sistema. Dende a ruptura das cadeas de subministración ata o desemprego masivo e as disparidades raciais, as cousas deben cambiar. Para recuperarnos da pandemia, podemos seguir enchendo as fendas ou podemos pensar e achegar solucións. A Universidade de Santiago de Compostela a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e coa colaboración da Área de Orientación Laboral no Campus TERRA de Lugo CONVOCA aos mozos e mozas de Galicia a xuntarse e formar parte do FUTURO SOSTIBLE.
O futuro é a sostenibilidade, qué debemos cambiar?, como protexemos a nosa biodiversidade? temos que convencernos de educar en valores naturais e na análise climática? Producción eficiente e sostible.
A igualdade de oportunidades e a educación inclusiva como transformación da sociedade.
A aposta do futuro é a creatividade, debe de estar en todos os procesos da empresa; apostamos polas industrias creativas e o sector audiovisual como propostas de futuro.
Deseño, tecnoloxía, robótica, o internet das cousas,… A economía do rural tén que facer unha clara aposta por traballar na fenda dixital que existe hoxe en día. Prototipamos modelos?
Como podemos mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía e a seguridade alimentaria? Analizamos a vida activa e saudable, a alimentación o tempo libre das persoas.
Somos conscientes de que vivimos nunha sociedade rural? Como mellorar a alimentación natural, o benestar animal e o medio ambiente?
Non o penses moito, por mor da situación que estamos a vivir as prazas van ser moi limitadas, polo que REXÍSTRATE canto antes.
Recepción por parte da USC e o Coordinador do proxecto Aych en Lugo. Recepción por parte de Oenone Thomas Coordinadora Xeral de Aych Europe.
ICE BREAKER
Coñeceremos Lugo polo noso propio pé agradecendo todo o que nos pode ofrecer e como podemos axudalo a través dun xogo de creación de ideas e proxectos sostibles.
WORKSHOPS
Este é o momento para formarse, podes elixir dúas formacións, apunta ben!.
ALGO DE LECER
Iremos ao Rochódromo de Lugo a facer un pouco de deporte.
E POLA NOITE…
Estaremos no FabLab de Lugo fedellando coa 3D e os PODCAST.
HACKATHON
Explicación: metas, formato, metodoloxía, presentación dos mentores, e conformación de equipos definitivos. Os equipos comezan a crear. Cada equipo estará formado por non máis de catro participantes.
IDEAS E PROXECTOS
Os equipos están inmersos no proceso creativo cos seus mentores. Non olvidemos que temos que crear unha presentación.
PRESENTACIÓN E XURADO
Chegou o momento de presentar o traballo dos equipos cun lanzamento. O xurado avaliará os proxectos, anúncianse os finalistas e concédense os premios.
PREMIOS
A idea gañadora terá como agasallo o desenvolvemento da mesma dentro do proxecto Explorer no Campus Terra e unha cámara GoPro para cada un dos membros do equipo.